Domingo, 16 Agosto 2015 19:22

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE VETERANOS

 Publícanse as seleccións galegas de veteranos participantes no Campionato de España do mes de setembro.

 En arquivo adxunto infórmase dos xogadores da selección "A" para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Veteranos que se celebrará en Ocaña (Toledo) os días 19 e 20 de setembro.

Como hai opción de poder participar con seleccións "B" inclúese un arquivo de "Reservas" co fin de que os que desexen participar o comuniquen ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do xoves 13 de agosto ás 14,00 horas.

Terase en conta a orde pola que aparecen e formaranse os equipos cos xogadores xustos para cada un tendo en conta que en 40 e 50 o compoñen 3 xogadores e no resto de categorías 2. En caso de que non haxa suficientes inscritos non se formará este segundo equipo na categoría correspondente.

A todos os participantes se lles informará a partir de agora a través do correo electrónico, para iso todos os interesados en xogar na selección "B" deberán informar do seu número de teléfono e quedará rexistrado para comunicacións o correo electrónico dende o que fan a inscrición a non ser que indiquen outro.

Para calquera dúbida ou consulta pódese comunicar polo correo electrónico indicado ou ao teléfono 639327973 - Francisco Monroy(Curro).

Lido 1850 veces Modificado por derradeira vez o Xoves, 29 Outubro 2015 12:27