Antonio F. Lasén Casás

Antonio F. Lasén Casás

Actualizado ó 29 de xaneiro o listado de xogadores, delegados, adestradores e árbitros.

Os árbitros que o desexen poden imprimir a súa licenza, sempre que sexa galega. 

 

Subido o Calendario definitivo de Competicións.

Máster e listados.

A petición do Club A.D. Vincios publicamos a convocatoria e o cartel do IX TORNEO 24 HORAS A.D. VINCIOS.

Asemblea Xeral Extraordinaria: Regulamento Electoral, Calendario Electoral, etc.

Asemblea Xeral Ordinaria: Calendario de Competicións, Normativa de Ligas e Normativa de Campionatos.

Subidas as convocatorias  das Asembleas Xerais Ordinaria, Extraordinaria e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis de Mesa.

Infórmase, de que a partir da data, o único correo electrónico da SECRETARÍA da Federación Galega de Tenis de Mesa é o seguinte: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Publicamos a continuación a crónica elaborada pola Federación Española sobre os ascensos producidos neste fin de semá. Solo nos queda, como Xunta Directiva, felicitar aos equipos de Oroso e Arteal polos ascensos conseguidos, que súmanse aos logrados por outros equipos noutras ligas xa comentadas no seu día.

ALBERTO SEOANE ALCARAZ proclamouse CAMPIÓN do OPEN DE ESLOVAQUIA celebrado nestas datas na localidade de Bratislava, na proba de DISCAPACITADOS FÍSICOS - CLASE 6.

Para obter este gran resultado enfrontouse en grupos aos xogadores: Daniel Bobrov de Israel ao que derrotou polo apertado resultado de 3 xogos a 2. Roger Ljunggren de Suecia por 3 a 0. Alexander Nagy de Eslovaquia por 3 a 0.

En cuartos enfrontouse a Tomás de Vito de Argentina impoñéndose por 3 xogos a 1.

En semifinais tivo en fronte ao xogador David Wetherill de Gran Bretaña gañándolle por 3 a 1.

E xa, na final se encontrou co chinés Chao Chen logrando derrotalo por 3 xogos a 1.

Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos dar o parabén a este gran xogador, formado nas filas do Club do Mar de San Amaro, desexando que continúen os éxitos no fúturo, que premien o esforzo e dedicación de moitos anos.