Antonio F. Lasén Casás

Antonio F. Lasén Casás

Infórmase da renuncia, do equipo da A.D. Vincios "B", a seguir participando na liga de 3ª División Nacional Masculina Grupo Sur.
Polo cal, tendo en conta a normativa, se lle dan como non disputados todos os encontros disputados (ao retirarse na primeira volta).

ALBERTO SEOANE (xogador formado no Club do Mar da Coruña), CAMPIÓN DO MUNDO formando parte da Selección Española da Clase 6/7 para Persoas con Discapacidade, celebrado,  estos días, en China (pódese ver a noticia ampliada no diario DXT da Coruña, e que adxuntamos en arquivo).

A Xunta Xestora da Federación Galega non pode deixar pasar este momento sin darlle os nosos parabéns, eo do resto do noso mundillo en Galicia, a este primer gran campión do mundo galego en tenis de mesa, desexándolle que continúen e aumenten os éxitos acadados nos últimos tempos.

O equipo do Arteal Ventanas de 3ª División Masculina xoga con pelotas de PLÁSTICO, e o equipo de 2ª Galega Centro con pelotas de CELULOIDE.

Resultados e clasificacións do torneo

A Comisión Xestora da Federación Galega de Tenis de Mesa, convoca Asemblea Xeral Extraordinaria, para o día 19 de novembro de 2014, nas instalacións do Centro Empresarial do Tambre (Polígono Industrial do Tambre) en Santiago de Compostela, ás:

  • 17:00 horas en 1ª convocatoria
  • 17:30 horas en 2ª convocatoria

Co seguinte orde do día:

  1. - Elección de Presidente
  2. - Elección da Comisión Delegada.

Subidos os resultados e clasificacións, cos resultados totais e parciais dos cadros eliminatorios.

A Xunta Directiva da FGTM quere felicitar a Indalecio Iglesias (xogador e Directivo do Club do Mar durante moitos anos), pola DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO outorgado recentemente pola Xunta de Galicia, polos anos de dedicación e resultados obtidos ao longo da súa dilatada traxectoria, tanto na competición de discapacitados físicos como na competición normalizada.

Pódese ver a noticia ampliada no seguinte enlace do BLOG DE LÓSTREGO.

http://lostrego.blogs-r.com/weblog/ver-post/distinci%C3%B3n_ao_m%C3%A9rito_deportivo_para1

Subidos os resultados e clasificacións de todas as probas, cos resultados totais e parciais nos cadros finais.

 

Resultados e clasificacións do domingo

Resultados e clasificacións do sábado.

Resultados do sábado e domingo